EU Cedeira. Apoio as mariscadorsas

 

Unha situación que parece mais ben a historia dunha película de “Berlanga”,  xa que primeiramente mediante o acordo da orde 10/01/11 (DOG Nº12 19-10-11),  que recolle as axudas económicas e establece as bases reguladoras, para que as traballadoras do mar alcancen o periodo minimo legal de cotizacíon para a xubilación, e de verse obrigadas o cese de actividade, a Xunta de Galicia incumpre o acordo e négalles os correspondentes PERMEX amparandose en clausulas absurdas de caducidade de licenzas, ou argumentando que superan os 65 anos.   

 

A realidade da situación provocada pola Xunta, e que o colectivo de mariscadoras  vense privadas do único medio de traballo e subsistencia economica, xa que non perciben ingresos de ningún tipo, provocando unha situación de precariedade extrema e denigrantente na sua condición de traballadoras/es do Mar.

 

A Xunta de Galicia esta a afondar ainda máis na crise, e a dar outra xeira as clases traballadoras do sector primario do Mar, con medidas e recortes de tendencia neoliberal, clasista e antiobreira, que o único que pretenden e a reducción de custos sen ter en conta os danos adversos provocados no colectivo de mariscadoras/es de a pé, danos que pola contra poden ser irreparables.

 

·        Esquerda Unida insta a Xunta de Galicia a poñer fin a esta contradictoria situación, de xeito que se restituan os acordos alcanzados mediante a orde 10/01/11 (DOG Nº12 19-10-11),  e se garantan as prestacións económicas de xubilación recollidas na devandita orde.

 

·        Esquerda Unida insta a Xunta de Galicia a que namentres non resolva os expedientes de prestacións de xubilación, conceda os correspondentes PERMEX para a extracción de marisco o colectivo de maricadoras/es afectadas/os pola condición de persoas sen dereito a prestación, co fin de poder garantir uns ingresos economicos e a subsistencia deste colectivo.

 

·        Esquerda Unida insta a Xunta de Galicia a que indemnize economicamente e con carácter retroactivo, os danos e perxuizos causados ó colectivo de mariscadoras/es durante o periodo de tempo que non tiveron ingresos da súa laboura, motivados pola obriga do cese de actividade imposto dende as medidas levadas a cabo pola Consellaria do Mar da  Xunta de Galicia.

Relacionados