EU celebra a retirada da acusación contra Diego Lores

Esquerda Unida de Vigo únese á celebración pola retirada da acusación que lle pedía ao activista Diego Lores tres anos de prisión e o pago de máis de 30.000 euros de indemnización por agredir supostamente a un axente de policía durante as mobilizacións de 2014 contra a instalación do barco Bernardo Alfageme na rotonda de Coia.

Ademais do apoio de diferentes movementos sociais e políticos, un centenar de veciñas e veciños se pecharon de forma solidaria na igrexa parroquial do Cristo da Vitoria, nun peche organizado pola Asemblea Aberta de Coia, como protesta polo xuízo ao que Diego Lores se ía enfrontar mañá.

Dende Esquerda Unida reiteramos a nosa alegría pola retirada da acusación contra Lores e recordamos que a mobilización social non é delito, senón unha folla de ruta a seguir.

 

 

Relacionados