Concentración Non á Guerra

O voceiro parlamentar de Esquerda Unida, Gaspar Llamazares, comezou a súa intervención no congreso dos deputados no pleno extradordinario de onte así: “Señor presidente del Gobierno, en nombre de Izquierda Unida yo digo ‘No’. Señor presidente, ¡quién le ha visto y quién le ve! Otrora tras la pancarta del ‘No a la Guerra’: no a la guerra de Irak; más tarde con el sí, pero… a la guerra de Afganistán, y ahora encabezando la coalición de París, rememorándonos a todos otra coalición: la coalición de las Azores”.

Esquerda Unida rexeita a intervención militar en Libia e vota “non a guerra” no Congreso dos Deputados. Aínda que a diferenza coa guerra de Irak, agora si existe un mandato da ONU, EU considera que existen outras formas de resolver o conflito, polo que propón outro tipo de medidas para presionar ao réxime do ditador libio como o bloqueo das súas contas bancarias, o embargo de armas ou o seu illamento político, medidas que xa se mostraron eficientes noutros conflitos como en Sudafrica.

O coordinador comarcal de EU, César Santiso, chama a cidadanía a manifestarse en contra dunha guerra que amparada na defensa dos dereitos humanos atende a intereses geoextratéxicos. Libia é un pais que xoga un papel fundamental no norte de Africa e ten unha grande riqueza petroleira, por iso, a comunidade internacional, co Goberno de España a cabeza, está a actuar de maneira hipócrita apelando aos dereitos humanos, algo que non fai nos máis de 30 conflitos armados similares que hai no resto do mundo. Por qué non actuamos contra o reiterado incumprimento das resolucións de Nacións Unidas de Marrocos para co pobo saharauí? Por qué non actuamos contra o terrorismo de estado de Israel sobre o pobo palestino?

O consello comarcal de EU Coruña convoca a cidadanía a concentrarse no obelisco o xoves, 24 de marzo, ás 20:30 h. para demostrar que os coruñeses e coruñesas amamos a paz e rexeitamos a guerra.

 NON Á GUERRA!

Relacionados