EU denuncia a precarización e a destrución do emprego indefinido en Galicia que certifica a última enquisa da EPA

O INE fixo pública esta mañá a Enquisa de Poboación Activa (EPA) do cuarto trimestre. En Galicia, a cifra do paro mantense igual que na enquisa anterior, con 22.700 persoas paradas e unha taxa de desemprego similar, do 17,7%. Doutra banda, Galicia segue a reducir o seu mercado laboral, é dicir, que existe menos ocupación e semellante número de desempregados, o que dificulta máis a súa empregabilidade no futuro.

Doutra banda, a creación de novos empregos é moi irregular e, tal e como explica Juan Fajardo, deputado de AGE e membro da dirección de EU, “as súas características son cada vez máis deplorables, xa que as taxas de temporalidade e parcialidade son superiores e, as remuneracións, moito máis inferiores, polo que traballar non é sinónimo de vivir dignamente ou de tan sequera chegar a fin de mes”.

Concretamente, para Fajardo, a temporalidade segue a ser a característica principal dos contratos en Galicia, onde un de cada catro traballadores ten un contrato temporal. “Neste senso, hai que incidir que nos contratos temporais existen horas extras non remuneradas o que incide nas nefastas condiciones laborais para a maioría social. Os datos da EPA demostran que o capitalismo financeiro e as grandes industrias están a conseguir o obxectivo que se persigue coa crise: a destrución incesante do emprego indefinido”, concreta o deputado.

A este feito súmase outra conclusión de preocupante: No noso país moitas persoas, especialmente mozas e mozos, deixan de estar paradas porque desisten de buscar emprego, non porque pasen a traballar, polo que optan por volver estudar ou emigrar, entre outras cousas. Concretamente, dos 332.300 mozos e mozas de entre 16 e 29 anos que hai en Galicia, o 48,6% están inactivos, outra das consecuencias deste nefasto modelo neoliberal de política de emprego que acaba por esnaquizar os dereitos laborais dos nosos traballadores e traballadoras.

Relacionados