Nesta liña, dende Esquerda Unida consideramos que precisamente as comunidades son as que prestan os servizos máis esenciais para as persoas, polo que, segundo explicou Díaz, “entendemos que é totalmente inxusto que se lles esixa [ás comunidades] un déficit do 0,3% para o próximo ano, mentres que a Administración central poderá ter o 2,2%”. “Isto é un trato claramente discriminatorio e claramente centralista, xa que permite que o Estado teña un déficit maior que Galicia, cando é a comunidade autónoma a que presta a maioría dos servizos públicos”, incidiu.
No Consello de Política Fiscal (CPFF), celebrado este mércores, o primeiro despois dunhas eleccións autonómicas en que xa se castigaron as nefastas políticas neoliberais do PP, Montoro, tras perder a primeira votación, viuse na obriga de aprobar en minoría esta nefasta proposta, que levará consigo aínda unha maior perda de benestar social e menos servizos públicos para a cidadanía. Agora, as comunidades terán que baixar o déficit ao 0,7% no 2015, ata o 0,3% no 2016, o 0,1% no 2017 e ao cero no 2018.






