EU esixe que se de o impulso definitivo ao parque ofimático

 

Por unha banda o Concello coruñés afronta un novo contencioso debido á denuncia desenvolvida pola Administración De Infraestructuras Ferroviarias (ADIF) contra a valoración das fincas efectuada polo concello. EU recorda que o Supremo anulou o Plan Urbanístico do Parque Ofimático, dándolle a razón a ADIF nun anterior contencioso no que o ente estatal solicitaba 939 m2 máis de aproveitamento urbanístico. A devandita actuación supuxo un atraso no desenvolvemento do polígono urbanístico de Eirís co conseguinte un prexuízo para a cidadanía coruñesa. Ademais o dito contencioso púidose evitar pois o concello, despois da sentenza, recoñeceu o erro, máis con anterioridade insistía que os terreos eran seus.

 

Asemade, a Xunta de Galicia reduce, nos seus orzamentos do 2011, a partida concedida ao ente autonómico encargado da xestión urbanística, Xestur, para o desenvolvemento do Parque Ofimático a tan so 9,5 millóns de euros, cando nos orzamentos do 2010 estaban previstos para o 2011 19,62 millóns de euros. Esquerda unida considera inaceptábel a reducción orzamentaria en máis do 50% que a Xunta de Galicia pretende aplicar.

 

César Santiso, membro da Executiva Nacional de EU e do Consello Comarcal coruñés pide ao Goberno Municipal maior dilixencia nas súas intervencións relacionadas co Parque Ofimático, asemade de solicitarlle ao concello que se preocupe máis polos intereses dos coruñeses e coruñesas que por litigar coas distintas administracións. Pois para César Santiso resulta lamentable que a cidadanía coruñesa vexa retarda a posibilidade de acceso a unha vivenda de protección oficial polo gusto do concello nos litixios administrativos e nos bucles xurídicos.

Relacionados