EU integrase na Plataforma

 

Esquerda Unida – Os Verdes aposta polo cambio do actual modelo de xestión de residuos, un modelo obsoleto, ineficaz, contaminante é insustentábel e ir cara un modelo de xestión que priorice a Reducción dos residuos emitidos, a Reutilización e a Reciclaxe.

 

Conscientes desta necesidade, dende Esquerda Unida consideramos que a creación desta plataforma servirá para que se visualice socialmente o problema da xeración e tratamento dos residuos. Ademais, a unidade de forzas e a mobilización social é a mellor maneira de forzar á Xunta de Galicia a trocar o actual modelo de xestión de residuos.

 

Xa que logo, a executiva nacional de EU, a solicitude do área de medio ambiente, decidiu apoiar o manifesto e integrarse na Plataforma galega contra a incineración.

Queremos recordar tamén, que a xestión dos residuos debe ser considerada un servizo público, non un negocio, polo que a súa xestión non debe estar condicionada por intereses económicos, senón por parámetros de calidade medioambiental e de servizos a cidadanía, motivo polo cal reivindicamos a xestión pública dos residuos.

Relacionados