EU lamenta profundamente o pasamento de Agustín Fernández Paz

Esquerda Unida quere transmitir o seu profundo pesar polo pasamento de Agustín Fernández Paz, unha persoa caracterizada pola súa defensa da lingua e a cultura galegas que se converteu, por méritos propios, nun referente literario a nivel nacional.

Perdemos a un grande home que soubo converter os soños en palabras e que fixo que todas e todos soñáramos cando líamos as súas obras, sempre cheas de sentimentos, leccións e humanidade.

Queremos transmitir especialmente o noso cariño á súa familia e achegados, por tamén á editorial Xerais coa que traballaba, a Prolingua, da que foi fundador, e a todas as persoas do mundo da cultura que hoxe senten a súa perda.

Citando o seu título máis coñecido, o amor non será o único que quede del, pois está inmortalizado nunha obra literaria extensa, de grandísima calidade e variedade, dirixida a público de todas as categorías, o que fixo del un escritor universal, transversal e querido por todas e todos.

Que a terra lle sexa leve.

Relacionados