EU manifesta o seu apoio ás traballadoras e traballadores de EXTEL en folga para reivindicar os seus dereitos

Esquerda Unida manifesta o seu apoio ás traballadoras e traballadores de EXTEL, hoxe en folga contra do ERE que pretende aplicar e que afecta a máis de 200 persoas só na Coruña pero que trascende a traballadoras de todo o estado.

Unha vez máis os postos de traballo pasan a ser números no beneficio das empresas, un recorte en dereitos fundamentais e en salario non son dabondo para o gran depredador, ante a ameaza de reducción de ganancias, a solución é o despido.

Hoxe traballadoras e traballadores en diferentes lugares do estado, están en pé de loita, reivindican unha solución alternativa ao ERE, e tamén a negociación dun convenio digno que permita vivir dignamente.

Relacionados