EU mostra a súa solidariedade con tódalas persoas afectadas polo VIH

A Xunta de Galicia reduciu en máis dun 50% as axudas e subvencións destas asociacións, o que pon en perigo a continuidade das accións e programas que levan a cabo dende hai case 20 anos. Accións e programas que a Administración, dende sempre, se nega a xestionar directamente. A Xunta delega as súas funcións, competencias e responsabilidades nas ONGs e logo impide que as poidan levar a cabo pola asfixia económica a que as somete, reducindo as contías e retrasando miserablemente os pagos. Este ano, ó igual que o ano pasado, a Xunta de Galicia lles obriga a adiantar o custo da Casa de Acollida ata un ano enteiro.

Multitude de persoas se atoparán en situación de grave risco de exclusión social se non poden ser atendidas polos Comités Anti-SIDA (por exemplo, actualmente centos de persoas incluso almorzan a diario nas sedes dos Comités debido a carencia de recursos municipais nos que as persoas poidan permanecer algunas horas durante o día).

As Casas de Acollida para persoas afectadas pola SIDA de Ourense e Coruña, dependentes dos Comités Cidadáns Anti-SIDA, que funcionan dende 1994 no caso de Ourense, e nas que residen ducias de persoas, seguen a ter un futuro incerto, tal e como denunciamos dende hai anos. Só a voluntariedade e alta implicación dos membros dos Comités Anti-SIDA (xunta directiva, persoal contratado, voluntariado, usuarios e residentes) fan posible que estes recursos sigan funcionando.

É de destacar, un ano máis,  a incompetencia da Xefatura Territorial de Ourense da Consellería de Política Social, dirixida por José Selas Souto responsable de que Ourense, de novo, sufrira un recorte das axudas da Xunta de máis dun 50%.  Esto é, os recortes son unha cuestión de vontade política.

Calquer recorte nas medidas de prevención e/ou tratamento é tremendamente caro, non só no humano e social, senón incluso no económico.Todo gasto en prevención e atención é unha inversión, non só pola súa rentabilidade humana e social (que debería ser suficiente) senón tamén pola económica, polo aforro que supón dos altos custos dos ingresos hospitalarios ou en prisións que se evitan.

 

O lema deste ano da ONU é:

“A RESPOSTA RÁPIDA PARA ACABAR COVIH/SIDA” co obxecto de poñer fin a epidemia, como parte dos obxectivos da ONU de Desenvolvemento Sostible.

Pois ben, a política inxusta e insolidaria da Xunta de Galicia, consistente no recorte indiscriminado de axudas e subvencións ós Comités Cidadáns Anti-SIDA e as Casas de Acollida terá como resultado todo o contario ó que propón a ONU.

En Galicia hai máis de 2.000 persoas infectadas polo VIH e entre un 30 e un 40% máis descoñecen a súa seropositividade.

En canto ó nivel internacional, denunciamos a situación de desigualdade en canto ó acceso ós tratamentos entre países desenrolados e países pobres, elo nos obriga a que os países que contamos con maiores avances e recursos en prevención e tratamento do virus, teñamos unha actitude solidaria hacia eses países. Criticamos que a industria farmacéutica actúe habitualmente dun xeito puramente mercantil, sen responsabilidade social algunha. Esiximos ó Goberno de España que presione ás multinacionais farmacéuticas, no ámbito das relacións internacionais e da cooperación ó desenrolo, abrindo liñas centradas na fabricación e distribución de medicamentos xenéricos para o Terceiro Mundo.

As mellores armas para loitar contra a SIDA están en nós mesmos. A millor vacina é a prevención. Os millores antirretrovirais son o cariño, a comprensión, o respeto e a solidariedade coas persoas afectadas polo VIH.

Esquerda Unida  urxe a tódalas Administracións para que impulsen campañas de prevención e atención e esixe á Xunta que se alonxe destas políticas de recortes indiscriminados.

Esiximos á Administración que asuma a súa responsabilidade neste eido, con xustiza e solidariedade, con sentido comunitario, pois, como dí Eduardo Galeano:         

“O sentido comunitario é a forma máis fermosa de exercer o sentido común”.

Relacionados