EU asiste á festa de EUiA

Esquerda Unida considera imprescindibles nestes momentos estreitar os lazos entre EU, EUiA e Ezker Anitza, organizacións federais de Galicia, Catalunya e Euskadi nun momento no que IU ten convocados os traballos da ponencia para a Conferencia sobre modelo de estado aprobado no X Asemblea Nacional de IU.

A festa desenvólvese durante o sábado 5 no edificio da INEFC en Monjuic, Barcelona e contará con mesas redondas de movementos sociais de Catalunya como Proces Constituyent, A Plataforma Prou Retallades, etc… Igualmente realizarase un mitin central coa participación de Cayo Lara, coordinador federal de IU, Dolors Camat, coordinadora nacional de ICV, socio de coalición de EUiA no parlamento catalán.

Juan Fajardo, que tamén participará nunha comida popular coa militancia e simpatizantes de EUiA, considera “indispensable fortalecer os lazos fraternais entre a esquerda catalana e galega” nun momento onde está en discusión a construción de novos paradigmas de relacións entre os pobos do estado español, un paradigma que podería repetir os erros da transición se a esquerda non esixe que, xunto cos dereitos nacionais camiñen os dereitos sociais e da clase traballadora ao mesmo paso.

O deputado de AGE aproveitará a xornada festiva do sábado para contrastar opinións sobre o proceso de converxencia que IU federal no ámbito estatal e EU no ámbito galego están desenvolvendo de cara a unha acumulación de forzas no proceso das eleccións europeas e a configuración dunha gran fronte ampla anticapitalista contra as políticas da Troika e dos gobernos que asumen os seus ditados.

Relacionados