Eu rexeita a “lei anti-botellón”

 

Dende EU entendemos e loitaremos por facer valer o dereito ao descanso dos coruñeses e coruñesas, xa que logo é unha necesidade de todos os veciños e veciñas, pero tamén faremos nosa a loita polo dereito dos mozos e mozas da cidade a gozar libremente do seu tempo de ocio, porque entendemos que a solución debe ser dialogada e desaprobamos que se intente solucionar o problema unilateralmente impedindo a xuntanza dos mozos e mozas en lugares públicos, como ocorreu o pasado sábado na praza de Santa Catalina ao xuntarse máis de tres mozos ou mozas.

 

Esquerda Unida solicita ao concello para que redacte unha nova ordenanza de consenso na que se teña en conta aos interesados, tanto veciñas e veciños, como mozos e mozas, debatendo con ambos colectivos e chegando a acordos que satisfagan a todos, dende a base de que se permita tanto aos veciños e veciñas das zonas afectadas descansar como aos mozos e mozas gozar do seu tempo de ocio en lugares onde non se impida o descanso aos coruñeses.

 

Ase mesmo o Consello Local de Esquerda Unida chama á mocidade a defender os seus dereitos e non deixarse asoballar, xa que logo, non é legal impedir a presenza nun lugar público se non se esta molestando, sobrepasando os decibelios ou incumprindo a lei. O Consello Local da Coruña chama a mocidade a artellar un movemento organizativo para defender os seus dereitos, e pon a súa disposición o aparato organizativo de EU para tentar de encontrar unha solución aceptable, ao tempo que recorda que a súa organización sempre estará disposta a defender a mocidade na procura dos seus dereitos.

Relacionados