EU traslada as súas condolencias ao pobo saharauí pola morte de Mohamed Abdelaziz

Esquerda Unida traslada as súas condolencias á familia de Mohamed Abdelaziz, presidente da República Árabe Saharauí Democrática (RASD) e loitador incansable, así como ao conxunto do pobo saharauí.

Dende Esquerda Unida queremos mostrar a nosa profunda dor pola súa morte e queremos solidarizarnos co pobo saharauí, que debe saber que estamos con eles e que non deixaremos de loitar para reclamar a celebración do referendo de autodeterminación, para que podan vivir en paz e en liberdade no seu propio territorio.

Mohamed Abdelaziz foi fundador da Fronte Polisario e, dende 1976, o seu secretario xeral, compartindo até os seus últimos días no exilio nos campamentos de refuxiados saharauís de Tindouf.

Dende Esquerda Unida chamamos a participar este xoves, día 2 de xuño ás 11:30 horas, no local de Sogaps (Solidariedade Galega co Pobo Saharaui) de Vigo, no acto homenaxe a Mohamed Abdelaziz.

Relacionados