Eva Solla: “A teima da Consellería de Política Social de non escoitar á veciñanza de Rianxo non é comprensible”

Eva Solla, vicepresidenta do Parlamento galego, defendeu esta semana en Pleno a iniciativa de En Marea na que se esixe ao Goberno que reciba ás veciñas e veciños de Rianxo, ao tempo que orzamenta a construción dun novo centro de día nesta localidade para antes do final de 2017.

Para Esquerda Unida, os centros de día deben ser lugares de proximidade que se convirte nun dereito da cidadanía. Segundo dicía Solla, este centro é “unha xusta petición veciñal que o Goberno galego continúa a rexeitar e que resulta difícilmente comprensible a negativa a escoitar, por parte da Xunta de Galicia, á veciñanza”, que tras unha importante recollida de sinaturas e unhas mobilizacións con forte apoio continúan na actualidade sen ser escoitada.

Eva Solla fixo unha lembranza das defensa que facía o PP deste centro hai 10 anos. De feito a candidata popular dicía por aquel entón que se trataba “dun servizo fundamental para o municipio” e aseguraba que “non ían tolerar máis mentiras”. Posteriormente, ocupando a dirección da Consellería Beatriz Mato, aseguraba que os espazos públicos para maiores era unha “prioridade” para o seu departamento.

En 2017 a veciñanza ante a inacción do Goberno galego iniciaron as mobilizacións no mes de maio, na que estivo tamén Esquerda Unida desde o principio e trasladouse por parte do grupo parlamentario de En Marea esta petición no mes de xuño, o PP votou en contra alegando que xa había centros suficientes na contorna e que “sobraban” prazas. Ao mes seguinte, xullo anunciase un novo peche dentro do concello. O 21 de xullo, comprobouse in situ o abandono, por parte da Xunta de Galicia, e pese a que despois de saír na prensa a Consellería anunciase que recibiría aos veciños e veciñas, a día de hoxe continúa sen facelo.

A día de hoxe existen 19 usuarios e usuarias desprazadas a outros concellos e 44 persoas en lista de espera segundo a veciñanza, nun municipio como Rianxo que ten unha poboación de 12.000 habitantes dos que 2.800 teñen máis de 65 anos.

Relacionados