Eva Solla, coa sanidade pública en #Compostela

Para Eva Solla, responsable da área de Saúde de Esquerda Unida, “todas as medidas que se levan a cabo dende o PP están encamiñadas ao desmantelamento da sanidade pública. Dende a chegada de Feijóo á Xunta, a sanidade xa non é nin universal, nin gratuíta, nin pública”, sinala.

Exemplos do desmantelamento da nosa sanidade dende o PP os atopamos diariamente nos xornais, en novas que asumen que o sistema sanitario camiña nunha senda de privatización. As críticas do peche de ata 1.200 camas este verán, a negación de medicinas aos enfermos, ou a dura situación das residencias da terceira idade súmanse ás demandas que vén recollendo dende fai anos a tamén deputada de AGE, Eva Solla, quen xa levou ao Parlamento en reiteradas ocasións “a clara intención do goberno galego de continuar na senda privatizadora cunha actuación máis propia dun comercial que trata de vender ás empresas o sistema sanitario para facer negocio coa nosa saúde”.

Relacionados