Eva Solla denuncia no Pleno o incremento dos accidentes laborais en Galicia

A deputada de En Marea e vicepresidenta do Parlamento de Galicia, Eva Solla, interpelou ao Goberno Galego sobre a súa deixadez en materia de saúde laboral. “A Xunta nin sequera conta cun mapa que encadre os riscos no territorio galego ou os lugares onde se concentran as enfermedades e accidentes laborais”, dixo Solla, que denunciou tamén “un incremento mi preocupante dos accidentes laborais en Galicia”.

“Coas políticas do PP temos máis accidentes que contratacións”, manifestou a deputada de En Marea, que tamén criticou que o orzamento do Issga caese “en máis dun 40% desde o 2009”. “A Xunta ten que poñerse as pilas en materia de saúde laboral”, dixo Solla, polo que “queremos saber que medidas levarán a cabo ante os datos do ISSGA, así como se o ides dotar de medios para que faga o seu traballo”, dixo.

Ver a intervención completa dende aquí

Relacionados