Eva Solla denuncia que a Xunta xustifique a venda a prezo de ganga do Edificio Xeral de Cíes

Eva Solla denunciou o agasallo que supón a poxa do Cíes e avogou por destinalo a usos sanitarios e sociosanitarios.

Eva Solla, vicepresidenta do Parlamento de Galicia e deputada de En Marea, preguntou na comisión parlamentaria polos motivos da Consellería de Sanidade para desbotar o edificio xeral Cíes para o seu uso sanitario ou sociosanitario e a posibilidade da súa adquisición por parte da Xunta de Galicia. “Despois de 40 anos acollendo intervención cirúrxicas ambulatorias do Sergas, en lugar de solicitar o uso do edificio para servizo asistencial público, optou por deixar que a Tesorería Xeral da Seguridade Social se desfaga del por medio dunha poxa que terá lugar o vindeiro 15 de maio e cun prezo de saída ridículo, de 3,5 millóns de euros, despois de ter investido obras de mellora no 2006”, dixo.

Na súa comparecencia, Eva Solla lamentou que a Xunta de Galicia renunciara de este xeito á posibilidade  de empregar o edificio para uso sociosanitario, por exemplo, dedicándoo a unha residencia pública de maiores, cando existe unha lista de espera que supera as 1.700 persoas. Ante as preguntas de Eva Solla, o Goberno galego respondeu que o edificio “non cumpre cos estándares axeitados para servizo asistencial publico” o que en opinión do grupo parlamentar impide polo tanto que ningún empresa dedicada a este tipo de servizo poida presentarse á poxa.

Así mesmo, con esta decisión perderíase  tamén a outra posibilidade: albergar no edificio o centro de alta resolución que estaba planificado no anexo 1 do Xeral adicado agora ao proxecto da cidade da Xustiza.

Ler en:

ABC

Faro de Vigo

Relacionados