Eva Solla e Xabier Ron din “NON” ao peche indiscriminado de escolas rurais en Galicia

Eva Solla, coordinadora nacional de Esquerda Unida e vicepresidenta do Parlamento de Galicia e Xabier Ron, membro de executiva de Esquerda Unida, participaron esta mañá na concentración, diante da Consellaría de Sanidade, a prol da defensa da Educación Pública e contra o peche dos centros educativos do rural.

Dende Esquerda Unida fixemos un chamamento á cidadanía para mobilizarse masivamente contra a política precarizadora e privatizadora do Goberno da Xunta, que remata coa destrución do ensino público no rural. Tamén esiximos a dimisión do titular da Consellería de Educación, Román Rodríguez, polo recente peche dos centros públicos de Outes, As Pontes, O Porriño e Ribadavia.

É por iso que reclamamos que a Consellería de Educación recapacite e dea marcha atrás a unha decisión que degrada a educación pública e que ten graves consecuencias para centos de alumnos e alumnas, para as súas familias, para o persoal docente e o persoal dos servizos administrativos.

Ver vídeo dende aquí

Relacionados