Eva Solla fala en Radio Voz sobre os efectos do lindano en O Porriño

Eva Solla, coordinadora nacional de Esquerda Unida e voceira do Parlamento de Galicia, estivo este venres a falar en Radio Voz sobre os efectos da contaminación de lindano na comarca de O Porriño. Tamén a semana pasada EU-Son Porriño organizou unha charla co veciñanza da zona, moi preocupada polos efectos da contaminación silenciosa e invisible de lindano, coa que levan máis de medio século a convivir. Este grupo viña de presentar unha denuncia á Fiscalía de Pontevedra para que, dunha vez por todas, tome medidas co que está a acontecer co lindano, diseminado por toda a área.

Dende Esquerda Unida esiximos a implicación das diferentes administracións para paliar este problema ecolóxico e sanitario, que require dunha resposta inmediata que vaia máis alá de pechar os pozos de auga contaminados dos que a veciñanza leva anos abastecéndose.

Escoitar a entrevista dende aquí:

 

Relacionados