Eva Solla interpela ao vicepresidente Alfonso Rueda polas deficiencias do servizo de emerxencias de Galicia

Eva Solla, vicepresidenta do Parlamento de Galicia e deputada de En Marea, interpelou neste pleno ao vicepresidente Alfonso Rueda en relación ás deficiencias do servizo de emerxencias de Galicia.

“Que medidas tomaron ante a falta de medios de atención ás emerxencias así como colapsos do 112 durante a vaga de incendios? Non ten nada que dicir sobre a dimisión do xerente da Axega?”, preguntou Eva Solla ao Vicepresidente Rueda, de quen dixo que “non asumira tampouco ningunha responsabilidade ante os erros constantes no servizo de emerxencias de Galicia”.

“A folga do persoal do 112 se podería ter evitado se vostede se tivera sentado e negociado as condicións co persoal. Mirar para outro lado non é responsable”, sinalou.

No seu día xa trasladaramos as queixas do persoal do 112 que denunciou, nada máis comezar a usar o novo sistema de xestión de chamadas, problemas graves tales como que este se quedaba colgado na entrada das chamadas, o que condiciona a seguridade do servizo para a cidadanía. Por desgraza, todos estes erros, víronse confirmados con terribles sucesos como os incendios.

“Que triste que teña que ser despois do domingo negro para Galicia que veña vostede, señor Rueda, a recoñecer que hai que reformar o servizo de emerxencias. E a realidade é que non hai partidas económicas nos Orzamentos 2018 para este apartado”, explicou.

Ver a intervención dende aquí

Relacionados