Eva Solla: “Montecelo é un proxecto de oito anos de retrasos, unha promesa máis do PP sen cumprir”

A vicepresidenta do Parlamento e deputada de En Marea, Eva Solla, presentou no Parlamento de Galicia unha moción na que instaba á Xunta de Galicia a levar a cabo unha serie de medidas para acadar unha atención adecuada á área sanitaria de Pontevedra.

A primeira das medidas propostas por Eva Solla, que se pode ver no seguinte vídeo, baseábase en licitar e adxudicar o proxecto para a ampliación do hospital de Montecelo neste ano, un proxecto que suma xa oito anos de retrasos, converténdose nunha promesa máis sen cumprir por parte do Goberno galego do PP. “Perdemos dúas lexislaturas, oito anos, sen que se fixese esa ampliación para trasladar precisamente eses  servizos que están situados agora mesmo no Hospital Provincial, que se atopan en peores condicións”, explica Eva Solla, criticando a nova decisión da Xunta de non licitar nin tan sequera o proxecto de ampliación. Ademáis, criticou que non se tivera en conta a opinión das profesionais da sanidade pública á hora de anunciar a licitación do proxecto.

Eva Solla tamén pediu condicionar o proxecto a un modelo de financiamento unicamente público, evitar no proxecto a inclusión dun modelo de aparcadoiro privado, adoptar no hospital provincial ás melloras necesarias, mentres non conclúen as obras en Montecelo, para que se poida prestar a atención sanitaria en condicións dignas, e asegurar no Plan Funcional que o uso do actual hospital provincial será exclusivamente sanitario.

Relacionados