Eva Solla: “O PP non recoñece a relación do suicidio cos problemas económicos e sociais que vive a cidadanía”

A vicepresidenta do Parlamento e deputada de En Marea, Eva Solla, preguntou esta mañá ao Conselleiro de Sanidade polo Plan de Prevención de Suicidios en Galicia, incidindo en que o PP está a afastar a relación do suicidio cos problemas económicos e sociais que vive o país nestes últimos anos. “700.000 persoas viven en situación de exclusión en Galicia. Onde está esta situación refectida neste plan?”, reflexiona Eva Solla.

“A saúde non se restrinxe só ao sistema sanitario, Sr. Almuíña. O seu modelo está lonxe da prevención e só centrado na medicalización”, explicaba Eva Solla, quen defendeu que “as condicións de vida das persoas condiciona tamén a súa saúde mental”. Por iso, segundo Solla, precísase dunha implicación transversal.

“O único que hai no Plan de Prevención de Suicidios é a creación de observatorios, de comisións e dunha serie de novos organismos que están sen definir e sen orzamentos… polo que entendemos que non ten vostede ningunha intención de mellorar a prevención da saúde mental”, sinalaba Solla, que inicidiu en que, de buscar a mellora na saúde mental das galegas e galegos, o plan tería que ter orzamentos, máis persoal e unha perspectiva transversal.

Por último, Eva Solla recriminoulle tamén ao conselleiro de Sanidade que o Plan de Prevención do Suicidio chegara 8 anos tarde e sen reforzar a Atención Primaria nin Psicoloxía con máis persoal.

Ver vídeo dende aquí

Relacionados