Eva Solla: “O problema non é Amancio Ortega é a evasión fiscal e como se finanza a nosa sanidade pública”

O PPdeG vén de presentar no Pleno unha iniciativa para solicitar á Xunta “que fomente e acolla de forma complementaria todas aquelas accións de mecenado para a sanidade pública que redunden nunha mellora do servizo ao paciente”. Respecto a isto, Eva Solla recriminou ao Conselleiro as pretensións do PP de sacralizar a beneficiencia de multimillonarios coma Amancio Ortega para financiar investigación e innovación na sanidade pública.

“O problema non é Amancio Ortega, é a evasión fiscal e como se finanza a nosa sanidade pública, que depende dos donativos e non dos tributos dos millonarios”. Desta forma, a deputada de En Marea, Eva Solla, puxo en cuestión “aos supostos filántropos”. “Non estou a favor deste modelo”, sentenciou, sobre algo ao que se referiu como “beneficiencia”, pondo o foco na denuncia pola “infrafinanciación” da nosa sanidade.

Ver a crítica ao modelo imposto polo PP, dende aquí

Relacionados