Eva Solla reclama a retirada do anteproxecto da Lei de Saúde de Galicia

A voceira de Sanidade de En Marea e deputada, Eva Solla, vén de reclamar esta semana no Parlamento de Galicia a retirada do anteproxecto da Lei de Saúde de Galicia ao entender que contribuirá a reforzar o desmantelamento e a privatización do sistema sanitario galego, ademais de esixir que se reverta a supresión das xerencias de atención primaria, así coma as xerencias comarcais, organizándoas de xeito eficiente e permitindo a descentralización da xestión.

“A Xunta fai oídos xordos e segue adiante cun anteproxecto que demostrou un rexeitamento social evidente e multitudinario, de usuarios e profesionais da sanidade”, denunciou Solla que tamén esixiu que se abra unha negociación na Mesa Sectorial para recuperar as retribucións e os dereitos  das e dos profesionais do Servizo Galego de Saúde.

Solla incidiu en que “o anteproxecto de reforma foi presentado sen consenso por parte da comunidade sanitaria. Non foi negociada coas centrais sindicais ás que a Xunta non lles consultou absolutamente nada, todo o contario, avisou ás organizacións o mesmo día que introduciá por rexistro o anteproxecto, como mostra da súa actitude caracterizada pola falta de diálogo”, dixo.

Ver vídeo dende aquí

 

Relacionados