Éxito da mobilización contra LOMCE

Esquerda Unida quere felicitar á comunidade educativa pola mobilización contra a LOMCE, unha lei inxusta, mercantilizadora e elitista, que ao fin e ao cabo, o único que pretende é alonxar á clase traballadora do dereito a unha educación pública, laica e de calidade, deixando o ensino como algo meramente asistencial.

Deste xeito, a pesares da pretensión do Goberno de que o aprazamento se debe a que quedan “flecos na partida económica” por concretar, non nos cabe dúbida de que éste se debe ao éxito da mobilización contra esta Lei.

Dende Esquerda Unida queremos animar ás e aos traballadores a seguir nesta liña e a incrementar a mobilización contra ésta e as demáis agresións que está levando adiante este goberno, ao igual que o anterior, en contra da clase traballadora e a favor dun sector minoritario que é quen detenta o poder económico

Relacionados