Externalización do servizo de inspección de rehabilitación

 

 

Para o Consello Comarcal de EU Coruña resulta intolerable que o Goberno local entregue a potestade pública da inspección a mans privadas baixo a argumentación de que a Concellaría de Vivenda e Rehabilitación Urbana é incapaz de facer fronte á carga de traballo que se prevé debido á ampliación deste tipo de subvencións. Así pois, a partires de agora o control e inspección das subvencións de rehabilitación, ao quedar en mans dunha empresa privada, atenderá a intereses económicos en lugar dos principios de xustiza, equidade e igualdade nos que se basea a Administración pública.

 

Xa que logo, Esquerda Unida rexeita que o concello da Coruña este a esternalizar parcialmente a inspección de rehabilitación nunha nova privatización encuberta, privatizacións as que, por outra banda, xa nos ten acostumados o Goberno Bipartito que está a entregar a intereses privados o control do patrimonio público. O arranxo das fochancas nas estradas, o mantemento e conservación das beirarrúas, o servizo de conserxería do centro municipal de emprego dos Rosales e a meirande parte dos servizos de apoio administrativo como por exemplo a informática, son exemplos do afán privatizador do Goberno local co que amosa a súa incapacidade de xestionar con eficacia os bens públicos pertencentes a cidadanía coruñesa.

 

 César Santiso, membro do Consello Comarcal e da Executiva Nacional de EU, considera que a desculpa do concelleiro de Vivenda, Mario López Rico, non se sostén pois o incremento das axudas destinadas a reparación de edificios deteriorados por parte dos organismos públicos e a creación das seis Áreas de Rehabilitación Integral na cidade, non é motivo para esternalizar o servizo. César Santiso indicou que “o que debería facer un xestor eficiente é reorganizar o servizo segundo as necesidades reais de traballo, utilizando os cartos da externalización para resolver a insuficiencia de persoal dispoñible e manter, así, o principio de neutralidade administrativa tan necesario neste tipo de actuacións”. Con esta proposta o Concello da Coruña aforraría pois co investimento da externalización, que é para un so ano, arranxaríase un problema estrutural afianzando un servizo administrativo. 

Relacionados