Fábrica de armas

Esquerda Unida visita aos traballadores da fábrica de armas, que se atopan pechados na demanda dunha solución. Durante a visita os dirixentes de EU amosaron a súa solidariedade cos traballadores e pediron a General Dynamics un aprazamento do peche xa o próximo sábado 16 finaliza o prazo de negociación co Comité intercentros.

Yolanda Díaz eixe a Xunta que pelexe en Madrid a defensa dos traballadores da Fábrica de Armas e esixe a inmediata implicación de Feijoo mentres lamenta que o presidente da Xunta de Galicia fose a pasear a Madrid e que na reunión con Rajoy non levase na axenda a grave situación da factoría coruñesa.

Díaz, denunciou a falta de vontade política do executivo de Feijoo que prioriza os intereses das empresas privadas sobre os traballadores e recordou que esta é unha situación herdada da privatización do goberno Aznar e esixiu a inmediata implicación do presidente da Xunta de Galicia, Alberto Nuñez Feijoo.

Finalmente a coordinadora nacional de EU, que acredita a viabilidade da empresa en base a diversisificacion da produción, apostou porque o Estado recupere e empresas como Santa Bárbara que pertencen a sectores estratéxicos.

César Santiso, afirmou que “a Fábrica de Ármas non so é viable, senón que si se diversifica a súa produción cara a sectores civís como o aeronáutico e principalmente ás enerxías renovables como a eólica pódese converterase en polo de desenvolvemento económico da bisbarra e incluso da Galiza”. Xa que dispón de instalacións, equipamentos e, o máis importante, persoal altamente cualificado

Santiso acusou a Feijoo de escapismo político, diante do seu silencio en relación con Santa Bárbara e subliñou a covardía do goberno central diante do vil chantaxe da multinacional americana e sentenciou “o PP ponse de xeonllos diante do poder do capital”.

Relacionados