Falla de transparencia

 

Unha dcocumentación requerida polo propio Javier Galán na mesma comisión informativa de economía.

 

Unha das patas da laboura política da oposición consiste en fiscalizar o traballo e accións desenvolvidas polo Goberno, para o cal – e a lei nos ampara neste punto – este Grupo demanda unha serie de informacións en materia de persoal e orzamentos, que desgrazadamente o concelleiro se nega na práctica a cumprimentar. Trátase de agochar para gañar tempo e aplicar unha política de feitos consumados contraria o interese xeral. As políticas da dereita requiren dun bloqueo informativo para minimizar as resistencias que provocan.

 

Transparencia e información, reclama Javier Galán: “nos queren gobernar co ordeno e mando, cando o que corresponde é a transparencia, a información e a participación de todas e tosos para resolver o grave intre económico e social”. Esquerda Unida quere lembrar a pouca regularidade coa que se están a convocar as comisións informativas, nunha deriva que aínda por tiba se agrava pola falla de documentación necesaria para atender a nosa labor fiscalizadora e de control do Goberno.

 

Esquerda Unida lémbralle ao concelleiro de economía que a documentación é pública por mandato legal e que está na obriga de facilitarlla aos Grupos Municipais, que representamos tamén á cidadanía de Ferrol.

 

Relacionados