Feijóo minte.

 

A CORUÑA. Fundación ONCE

Yolanda Díaz, candidata por Alternativa Galega de Esquerda e Coordenadora Nacional de Esquerda Unida, participou nunha ponencia convidada polo Instituto de Estudios Políticos e Sociais (IEPS). O acto desenvolveuse na Fundación ONCE da cidade de A Coruña, coa intención de dar opción a todos os partidos de expoñer as súas alternativas. Alí a candidata por AGE defendeu unha alternativa fronte as políticas de recortes impostas por un goberno que protexe aos que roubaron.

“O trienio maldito do peor presidente da historia”

Así comezou Yolanda Díaz a súa intervención, poñendo en entredito a presumida solvencia de Feijoó á que se referíu o exconselleiro do PP José Antonio Orza. Yolanda describíu ao actual presidente da Xunta de Galicia como quen “incumple leis e trampea os orzamentos de Galicia para non computar os 400 millons de déficit”. A candidata de Alternativa Galega de Esquerda foi contundente: “Feijoó en tan so tres anos de mandato contraeu máis debeda que en toda a democracia galega”.

Proseguíu preguntándose se ter a Galicia no 12% de paro, por riba da media estatal (9%), ou elevar o desemprego ao 70% cando a media de España está no 42%, son as políticas de solvencia e creación de emprego do partido que prometeu rematar co paro en 45 días.

Hai alternativa fronte as políticas de recortes

A candidata por A Coruña falou da indecencia que supón non depurar responsabilidades xurídicas nas persoas que roubaron e que agora contan con indemnizacións millonarias. Neste senso, reclamou a creación dunha banca pública e perseguir o fraude fiscal.

Desglosou algunhas medidas para unha tributación xusta “queremos crear un tributo propio do 50% para as vivendas non alugadas, aluguer social. Que as rendas de máis de 60.000 euros tributen máis. A economía mergullada e o fraude fiscal non fan nada.”

Tamén fixo un breve repaso polas medidas inseridas no programa da súa coalición electoral. En primeiro lugar afirmou que non haberán máis desafiuzamentos. “Non pode ser botada ninguna persoa á rúa.” Tamén fixo fincapé na necesidade de inserir unha renda básica universal para paliar o drama social que supón vivir no limiar da pobreza. “Hai que garantir unha renda que as persoas coman todos os días.”

Defendeu que as medidas da coalición son posibles e realizables. “Queremos mudar o sistema tributario galego, os que máis teñen deben aportar máis ás arcas. E unha indecencia que grandes multinacionais ao 1%. Por que non tributan como os demais? Hai que rematar coas SICAV.”

Outras das medidas que puxo enriba da mesa foi a derogación do pensionazo e das reformas laborais. “Aproveitan a crise para defender aoss seus, para levar adiante un proxecto ideoloxico. Liberalismo a ultranza.”

Un chamamento á cidadanía

Yolanda Díaz reivindicou a necesidade de que a cidadanía crítica, rebelde e lúcida saiba que hai alternativa. Salientou que o programa incide nos problemas sociais máis inmediatos e que a candidatura de Alternativa Galega de Esquerda non se forma por políticos profesionais. “O modelo que queren levar adiante é claro, temos a obriga de rebelarnos nas urnas civicamente.”

 

Relacionados