Ferrol. Programa de muller

 

Será nun acto de pequeno formato que vai permitir tanto a exposición das liñas programáticas canto a intervención das persoas  convidadas para clarexar, desenvolver ou confrontar os aspectos do mesmo.

 

Paula Meizoso e Sari Alabu conformarán o dúo que vai avanzar un programa permeado polo feminismo da igualdade e que representa o contributo das mulleres de EU para fornecer as políticas públicas de igualdade, políticas que se inxiren no eixo motriz do empoderamento das mulleres, que constitúen o dicir de Paula Meizoso  do “sector da sociedade fundamental para saír da crise mediante a extensión das políticas públicas proveeedoras de servizos  públicosd de carácter social.”

 

Sari Alabau  afirma que o mundo necesita da revolución das mulleres para acadar unha saída de esquerdas e progresista á crise. Nese contexto anota  algunhas das tarefas sobranceiras e prioritarias a acometer no Congreso:

        a creación do Ministerio da Muller para coordinar e pular polas políticas públicas de igualdade en todo o Estado e evitar a situación de regresión que podemos apreciar en Galicia ou Madrid, postos de avanzada da dereita. A candidata de EU non puido evitar denunciar o feminismo de ocasión do PSOE que á primeira onda da crise eliminou o  Ministerio e reduciu os xa febles orzamentos.

        A reserva nos orzamentos dunha porcentaxe  no inferior ao 5% para realizar políticas públicas de igualdade a conquerir no transcurso da lexislatura. Basta xa de leis  reducidas a exposicións de motivos e  na realidade baleiras de cartos, clamou a candidata Paula Meizoso.

        A modificación dunha lei electoral antidemocrática para conquerir unha democracia paritaria.

        o desenvolvemento do Consello Estatal das Mulleres , dotado de autonomía e coa potestade de emitir ditames vinculantes, cunha composición que reflicta a realidade das asociacións  feministas,  de mulleres pola igualdade  e dos consellos das diferentes comunidades do Estado.

 

A coalición que agrupa a esquerda plural fará  tamén un reparto coas propostas en materia de sanidade mañán no Arquitecto Marcide, ás 12:00 horas, coa presenza do primeiro candidato da comarca, Xosé María Dobarro.

 

Relacionados