FEVE, RENFE e ADIF

O Alcalde de Ferrol que é tamén o presidente da Mancomunidade e da Federación Galega de Municipios e Provincias contempla, impasible desde o seu retiro vacacional, como avanza a comarca cara ningures. Agora tócalle ao tren de cercanías, despois xa veremos. O Alcalde está contento pois rematou con resultados positivos ese titánico esforzo chamado plan de barrios ao que el , e algún máis, se entregaron con especial dedicación e rendemento. Tan absortos están algúns con tanto plan que se esquecen do FEVE.

O que vai acontecer o luns co recorte de paradas e servizos entre Ortigueira e Ferrol , entre outras medidas, é o resultado dunha sucesión de cousas que no último ano foron degranándose sucesivamente e que Esquerda Unida denunciou punto por punto. Crónica dun suceso anunciado o resultado final é, vai ser, a venda do ferrocarril todo, cando menos en canto a xestión. Poida que algúns acontecementos recentes adíen algunhas decisións pero non as van esquivar. Hai xa uns meses Esquerda Unida facíase eco de que  a Federación Europea de Traballadores do Transporte alertara contra o proxecto de directiva que se estaba a tramitar no Parlamento europeo e que pretende liberalizar completamente o transporte de ferrocarril. A estratexia a seguir é a segregación previa da empresa pública unitaria diferenciando a xestión e dividindo ao traballadores introducindo dinámicas gremialistas así como o dumping social e a competencia con traballadores e servizos en precarios. O precariado chega por esta vía ao sector ferroviario. No infausto real decreto do 23 de febreiro deste ano chamado de “medidas de apoio ao emprendedor” o goberno contemplaba sen tapuxos na súa expresión as medidas privatizadoras: 
” La situación económica actual plantea la necesidad de que se intensifiquen las medidas de racionalización del sector ferroviario para lograr la máxima eficiencia en la gestión de los servicios e impulsar las procesos de liberalización ya iniciados.”

 

Certo: a situación económica actual plantea moitas necesidades; das importantes, todas están  xeneradas ou deseñadas polos mesmos que, teolóxicamente, atribúen a un ser superior os nosos males mentres pola porta de atrás nos sirven os seus remedios. Agora xa estamos a ver os primeiros resultados de todo isto.
O grupo municipal   de Esquerda Unida fai un chamamento público ao Alcalde de Ferrol para que defenda dunha vez os intereses da cidade , da comarca e dos seus cidadáns e cidadás, traballadores/as e estudiantes e plante cara a ADIF, RENFE e FEVE  en defensa dos servizos públicos do ferrocarril  de calidade prestado como servizo público por traballadores/as con dereitos que  é ao que non debemos renunciar. Non aceptar as medidas de FEVE, nin estas nin as futuras é o camiño. Todo o demais é unha loucura irracional: ir cara ningures.

Relacionados