Financiamento Lazos

 

 

Demanda que achega situacións límite cuxa non atención supón afogarse no gueto da exclusión social.

 

Servizos como os de almorzos e merendas teñen un crecemento notabilísimo pasando dun milleiro en 2010 a unha estimación de 6.500 para este ano. Ou o servizo de roupeiro que se en 2010 non se prestaba este exercicio achegará unhas mil pezas de roupa. Incluso os servizos de biblioteca se incrementaron en máis dun 50% de 2010 a 2011 ( non habendo datos parciais nesta anualidade). E a participación nos obradoiros se multiplica cando menos recursos se ten:

        En saúde, prevención sexual e redución de riscos por consumo de drogas  se pasa de 70 a 130.

        Na alfabetización informática, se pasou de 24 a 75 .

        Ou no taller sobre exclusión social e inmigración se desborda a a previsión e de atender a un cento de persoas cando non o había en 2010. Sinalar que tamén neste caso queda en evidencia a falla dunha oficina de atención á inmigración na nosa cidade, malia as medias verdades, que son mentiras enteiras, que verque o PP neste caso.

 

Para atender estes e outros programas, caso do de “Orientación e apoio á inserción social”,  Lazos resta  afogada económicamente pola  brutal redución das axudas públicas, reducidas a somentes  3.000 euros  de financiamento este ano cando o ano pasado o concello achegara 10.000 euros: un 70% menos. Cantidades reducidas que nembargantes teñen que atender un maior número de usuarias e usuarios. O  exemplo paradigmático do tratamento a Lazos serve para espir as mentiras da alcaldía do PP cando afirmaba que non habería recortes, todo o contrario, nas cuestións de benestar social. Hainos e dunha contía tal que ameaza a continuidade de importantes programas de loita contra a exclusión social en Ferrol.

 

O Grupo Municipal de Esquerda Unida quere emprazar públicamente ao Presidente da Deputación a que confirme ou negue a continuidade da subvención que nos anos pasados se prestaba para atender o proxecto de atención á exclusión social ( “ Calor e café” ), programa que importaba 12.000 euros e que a Deputación cofinanciaba coa propia entidade ao achegar case 10.000 euros. Reclamámoslle ao Presidente a que amose o seu compromiso coas persoas que peor o pasan na nosa comunidade aprobando xa o financiamento dun proxecto necesario como poucos.

 

Esquerda Unida reclama un financiamento suficiente para esta entidade ferrolá, que desenvolve unha tarefa formidable no eido da atención social a colectivos nunha situación límite.

 

Xunto a esta denuncia do afogo económico dunha entidade merecente da máis alta distinción deste concello e outrosí de reclamar un financiamento público suficiente ( no triple escalón do concello, da Deputación e da propia Xunta ) duns programas que quitan a fame ou o frío ou achegan unhas habilidades básicas, Esquerda Unida fai un chamamento á nosa cidadanía a respaldar coas maiores axudas que poidan a unha entidade social que desenvolve unha tarefa formidable na loita contra a exclusión social. A tarefa que non realiza e dificulta un PP que dende as institucións públicas sementa cos seus recortes fame, frío e exclusión social.

Relacionados