Folga Xeral

 

Asemade, o Estado, que somos todas e todos, esta a ser debilitado mediante a constante privatización e externalización de servizos que se entregan a mans privadas, provocando a progresiva incapacidade de que dende o público se poida desenvolver o principio elemental de solidariedade. 

 

Mentres, o poder mediático as ordes do económico está a espallar a falsa mensaxe neoliberal TINA (There Is Not Alternaive) na procura de exercer unha acción narcotízante sobre a sociedade. Terxiversa a realidade, desvia o foco de atención a cuestións secundarias, crea a falsa sensación de que o privado rende máis que o público ou ataca con crueza aos sindicatos e satanizando á esquerda alternativa e transformadora por ser os valedores de “outro mundo é posíbel”.

 

A xuízo de EU o Goberno está a cometer erro tras erro, primeiro negando a crise, despois aplicando medidas erróneas e inconexas que en lugar de cambiar o modelo produtivo, reactivar a economía e reducir o paro provocaron unha grande débeda que pretende facernos pagar á clase traballadora, en lugar de recortar os privilexios das grandes fortunas e o poder financeiro.

 

 

Esquerda Unida denuncia que o Goberno do PSOE, ese que se di socialista e de esquerdas, traizoou a clase traballadora ao actuar segundo o ditado dos especuladores e o poder financeiro. Así, aplicou recortes sociais, atacou aos xubilados, empregados públicos e dependentes, perpetuou o maior ataque da democracia ao dereito do traballo a través da contrareforma laboral e anunciou o aumento da idade de xubilación e recortes nas pensións.

 

Xa que logo, de seguro que o 29 de setembro a maioría social deste país, a pesares da presión mediática e a campaña de desprestixio aos sindicatos desenvolvida dende os lobbys neoliberais,  participara masivamente na Folga Xeral e nas manifestacións que se desenvolveran nas principais cidades galegas para berrar “Así Non, unha saída de esquerdas a crise é posíbel”.

 

O Goberno pretende convencernos de que a eliminación de dereitos sociais e laborais é inevitable. Con todo, Esquerda Unida afirma que existe unha alternativa para unha saída social e de esquerdas á crise, na que a clase traballadora non pague as consecuencias dunha situación na que nada tivo que ver.

 

Esquerda unida propón

   Loitar de maneira activa contra a economía mergullada que supón unha cuarta parte do PIB.

    Eliminar a SICAV onde os grandes capitais disfrazados de Sociedades de Inversión so cotizan ao 1%

    Rescatar o imposto de patrimonio que so pagaban os que máis tiñan

    Aumentar o grado impositivo das empresas con beneficios

    Aplicar unha taxa aos movementos bolsistas

   Aumentar o tramos máis altos do IRPF para que as rendas máis altas participen solidariamente nunha saída social e de esquerdas á crise.

    Crear unha Banca Pública que sexa que de inxectar capital, de maneira equitativa, xusta e sostible, na verdadeira economía produtiva, e dicir, PYMES, autónomos e familias.

 

 

 

NIN UN PASO ATRÁS. FOLGA, FOLGA… FOLGA XERAL!!

Relacionados