Fomento cultura na rúa

Unha das mellores formas para acadar este obxectivo sería que o Concello fixera todo o posible para fomentar as expresións artísticas na rúa, como, por exemplo, as actividades musicais que abranguen os máis diversos estilos.

Ten que ser labor do Concello, mediante o diálogo e participación cos distintos colectivos interesados, promover e, por suposto, non dificultar que as rúas da cidade de Santiago se convertan nun espazo cultural, onde a cidadanía poida exercer o seu dereito ao acceso a unha cultura de calidade.

Por suposto estas actividades culturais na rúa poden axudar a que profesionais da cultura poidan acadar ingresos complementarios que lles axude a sobrelevar o contesto de crise cultural nefasta que padecemos, como, por exemplo, cos ciclos do AGADIC ou a contratación dos Concellos de actividades culturais sumamente mermados.

Outro motivo polo que o Concello debe colaborar nestas actividades, e por suposto non restrinxilas por mor de actuacións policiais, se debe a que contan cun amplo respaldo social debido a que supoñen un aliciente, tanto para residentes como para turistas, que disfrutan desta alternativa cultural que supón un gran valor engadido aos paseos pola cidade.

Obviamente esta é unha das moitas medidas que se poden levar a cabo para frear o empobrecemento cultural ao que o PP está a levar a cidade, como claramente demostran, por exemplo, o peche da Sala Nasa ou supresión do Festival Amal, así como os nefastos recortes orzamentarios para a promoción de actividades culturais que a cidadanía demanda.

Por todo isto, o Consello Comarcal de Esquerda Unida realiza as seguintes preguntas para a súa resposta por escrito:

1. Cales son as medidas que o Concello levará a cabo para fomentar e facilitar o uso da vía pública para realizar actividades culturais ?

Relacionados