Fomento uso bicicleta

Por tal motivo xa manifestáramos, o pasado 13 de xuño de 2012, a nosa total oposición a supresión do servizo de aluguer de bicicletas, lamentando xa de aquela a falta de transparencia do Concello ao simplemente dicir que será por outros medios polos que se preste este servizo, sen maiores explicacións.

É tan obvio a falta de interese do Concello sobre o fomento do uso da bicicleta como medio de transporte, que na súa páxina web no tocante a este tema so aparecen informacións sobre actos simbólicos en determinado día.

Por suposto o Concello pode colaborar con calquera outra institución para levar a cabo as medidas necesarias para fomentar o uso da bicicleta, pero por exemplo non pode quedar restrinxido este fomento a un colectivo determinado, como o universitario a través da USC, mentres o resto da cidadanía queda orfa dun sistema público universal que axude ao uso da bicicleta como medio de transporte.

Tal e como xa expuxeramos nunha moción, o 12 de febreiro de 2010, o Concello pode axudar no fomento do uso da bicicleta poñendo a disposición das veciñas e veciños bicicletas eléctricas que axudan a desprazarse con moitísimo menor esforzo, polo que axudaría á súa utilización independentemente da condición física.

É evidente que nesta cidade queda moito por facer para fomentar o uso da bici, por suposto unha das medidas ten que ser un sistema de aluguer acorde as necesidades horarias dos usuarios e usuarias e con puntos de recollida e deixada de bicicletas perfectamente distribuídos pola cidade, acondicionados para a carga de bicis eléctricas

Por todo isto, o Consello Comarcal de Esquerda Unida realiza as seguintes preguntas para a súa resposta por escrito:

1. Que medidas ten previsto o Concello utilizar para fomentar de forma real e efectiva o uso da bicicleta en Santiago?

2. Tralo debate pertinente, fará o Concello un servizo público de aluguer acorde as necesidades das veciñas e veciños?

Relacionados