Fondo estatal para o emprego e a sostenibilidade local 2010

 

1.-No día de hoxe, tras a recepción da acta da Xunta de Goberno Local  tivemos  coñecemento das obras a incluir no Fondo Estatal 2010.

2.- Que a elección das obras a incluir non foi debatida en ningún órgano colexiado do concello donde teñen participación os grupos municipais que non forman parte do goberno.

3.- Esta forma de actuar, completamente legal, demostra a capacidade e vontade de diálogo do grupo de goberno, é dicir nula co resto dos grupos municipais que representamos a 8 concelleiras/os de 13.

4.- Que o goberno municipal exclúe á maioría da cidadanía na elección das obras a incluir nunha aportación económica extraordinaria como o Fondo Estatal, o que incide nunha forma autoritaria e non participativa de goberno no Concello.

5.- Que o goberno municipal inviste máis do 50% do Fondo Estatal na urbanización do tramo da R/María comprendido entre Cano da Rúa e Avda. de Galicia, e a R/Barral, deixándo rúas, que tamén son de competencia municipal, como As  Fieiteiras nun estado lamentable (sin beirarrúas e sen asfaltar).De optar por este tipo de obras (urbanizar rúas), o goberno municipal fixo oídos xordos ó compromiso adquirido cando se debateu o Fondo Estatal 2009, donde tódolos grupos municipais concluíamos a necesidade de solventar os problemas que hai para poder acometer as obras en Fieiteiras.

6.- Que o goberno municipal, aínda non rematada a piscina municipal compartida entre os concellos de Mugardos e Ares, xa introduce unha nova infraestructura como é un edificio para albergar centro de recuperación, dado que a piscina carece por problemas de espacio dun área de recuperación e rehabilitación, polo tanto se levantará un edificio anexo. Antes de inaugurar xa enmendamos a obra e teremos no futuro que investir na merca de novos terreos nesa zona. Esta obra siñifica máis do 25% do Fondo Estatal.

7.- Que o goberno municipal, incumpleu o acordado no Concello Pleno que era a execución da reparación da escola do Seixo, con cargo ós orzamentos municipais no ano 2010 ou solicitando un préstamo, dadas a s condicións calamitosas da mesma (goteiras na aula). Agora o inclúe no Fondo Estatal, o cal compartimos dado que no proxecto de orzamentos para o ano 2010 non aperecía é a consideramos prioritaria.

8.- Lamentamos que non se tivera en conta ningunha das aportacións que realizou o noso grupo para incorporar ás obras a incluir no Fondo Estatal, que incidían fundamentalmente no aforro enerxético, nos centro educativos e de formación, así como na accesibilidade nos edificios municipais e a súa conservación.

Relacionados