Foro participativo

 

O documental ten forma de reportaxe xornalística, ten unha duración de 82 m. e conta a historia de personaxes que viven do que a sociedade desaproveita.

 

É unha película de gran sensibilidade, con diferentes historias que contan os seus protagonistas, cargando con refugallos agrícolas ou trastes vellos, mantén a atención con ata toques de humor. Tamén demostra que os residuos poden ser os protagonistas da imaxinación e a arte de persoas que saben dar novas utilidades ao que a maioría rexeitamos. Un espectáculo fílmico sen desperdicio algún.

 

Esperamos vervos e intercambiar convosco opinións no debate, que nos enriquecerán a todos.

 

Invitámosvos a que participedes e difundeis este acto, invitando aos vosos coñecidos e amigos.

Relacionados