Herdanza caciquil do Baltarismo

 

Esquerda Unida rexeita a herdanza caciquil ocorrida na Deputación de Ourense, como o propio Baltar pai declaraba “son cacique, pero dos bos”.

 

A executiva nacional de EU lembra que en democracia os cargos públicos non se poden elixir a dedo, como acaba de acontecer na Deputación de Ourense que continua co Baltarismo.

 

Así o novo presidente elixido a dedo, comprometeuse a “asumir el mimo ideario” do seu pai que levaba 22 anos gobernando a Deputación ourensá cunha xestión canto menos deficiente, facendo uso indebido do orzamento, e inflando o persoal da deputación ata chegares o absurdo de contar dita deputación con dezaseis porteiros para tres portas. Pola cal xa tiña que ser afastado da política fai moito tempo.

 

Non se poden permitir este tipo de actuacións e de malgasto de cartos públicos, máis aínda nos últimos anos co contexto de crise actual, onde a cidadanía vexe obrigada a padecer recortes en sanidade, educación ou servizos sociais.

 

Esquerda Unida – Os Verdes considera esperpéntico que o PP lexitime a sucesión da presidencia dunha institución democrática de pai a fillo, actitude que atenta cotra o estado democrático de dereito. Algo que puido observarse na toma de posesión onde a sucesión foi arroupada pola dirección autonómica do PP.

Relacionados