Imcumprimento ordenanza actividade montes

 

O noso Grupo ten coñecemento do incumprimento  das preceptivas autorizacións  que aparellan as actividades de depósito, carga e transporte da  madeira de corta.  Así o  artigo 14 da norma  formula a necesidade de que se solicite autorización para a extracción da madeira, consignando os requisitos e documentación que hai que aportar ao concello para desenvolver esta actividade. E o artigo 15 consigna as fianzas que hai que depositar no concello. O artigo 16  anota as cuestións que atinxen as  reparacións, limpeza  e reciclado dos restos derivados desta actividade.

 

A nosa organización quere salientar o desleixo e burla que supón que unha ordenanza aprobada  cun amplo  conxunto de achegas cidadás sexa obxecto de incumprimento, sendo desatendida polo Goberno Municipal. Unha vez máis supón un exemplo flagrante da falla de atención as políticas de participación cidadá, que apenas restan fume nas diferentes concellerías que non sexan Participación Cidadá.

 

Esquerda Unida esixe do Goberno Municipal que poña en execución a proposta da nosa organización para recuperar a figura da policía ambiental, asemade de adoptar as medidas pertinentes para garantir o cumprimento rigoroso da norma. Non é de recibo que se aproben as normas para deixalas morrer sen atender o seu cumprimento.

 

Situación que se agrava , ao noso xuízo, diante da falla dunha consignación orzamentaria específica para a Zona Rural, na Memoria do anteproxecto de orzamentos. Temos que concluír a falla de interese deste Goberno Municipal coa Zona Rural e a súa veciñanza.

Relacionados