Incumprimento empresa taurina

O grupo municipal de Esquerda Unida- Os Verdes rexeita a violencia contra a muller, unha lacra social que segue sen minorar co paso dos anos debido ao proceso de involución social que impide o avance cara a igualdade efectiva entre homes e mulleres. Estudos realizados polo Parlamento Europeo poñen de manifesto que o 45% das mulleres con idades comprendidas entre os 16 e 67 anos foron, nalgunha ocasión, vítimas de violencia física, psicolóxica ou sexual.

A crise económica e os recortes adoptados están xerando duros efectos sociais, reflectidos nas cifras do paro, desafiuzamentos e avance da pobreza, que impactan con toda a súa crudeza nos fogares. Pero non afectan por igual a todos os membros da familia; móstranse máis duros cos menores, que presentan máis risco de pobreza, e as mulleres, que asumen o traballo derivado dos recortes en servizos públicos.

Esquerda Unida propón a creación dun plan municipal contra a violencia de xénero, un plan activo de prevención, educación e actuación a fin de obter unha solución efectiva que permita erradicar erradicar esta lacra social.

Resulta importante o compromiso das institucións e dos representantes políticos a fin de por a disposición da veciñanza os medios necesarios que permitan unha loita decisiva contra este tipo de violencia. As iniciativas desenvoltas ata o momento seguen sendo insuficientes. Por iso, dende EU creemos que a política contra a violencia  de xénero debe ser transversal no ámbito de xestión municipal.

O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “a violencia contra as mulleres representa unha violación xeral dos dereitos humanos e por conseguinte é un obstáculo ao desenvolvemento dunha sociedade democrática”.

Relacionados