Iniciativa Coruñesa por Haití

 

Ademais de Esquerda Unida integran esta iniciativa solidaria de ámbito metropolitano: Acción Guamá, AAVV. O Temple, AAVV. O Noso Burgo, Federación Veciñal da Coruña, AAVV. Os Mallos-Estcación S.F., Intermon Oxfam e diversas personalidades da cultura e o deporte, como o exdeportivista Donato.

 

Na rolda de prensa de presentación da iniciativa participou o que fora xogador do Deportivo, Donato, xunto cun representante de cada organización integrante na Iniciativa Coruñesa por Haití.

 

Pola Parte de Esquerda Unida participou a Coordinadora da Coruña, Alba Sánchez, quen calcificou a iniciativa positivamente, xa que logo, o proxecto emana dos sentimentos de solidariedade de coruñesas e coruñeses que queren botar unha man ao pobo de Haití.

 

A Coordinadora de EU Coruña explicou que o pobo haitiano, antes do terremoto xa estaba a vivir unha situación lamentable derivada do crédito concedido polo FMI con as súas cláusulas abusivas que afundiron a economía haitiana principalmente no sector primario. Situación que se torna nun drama social sen precedentes cando o desastre natural asola ao país máis pobre de América.

Relacionados