Iº encontro de ecoloxía

 

O I Encontro de ecoloxia xurde, xa que logo, dun intenso dialogo desenvolvido dende o área de medioambiente de Esquerda Unida con distintas plataformas cidadans e organizacións ecoloxistas de cara a atopar puntos en común e chegar a acordos de cara a loita contra a destrución de Galiza en particular e do noso planeta en xeral.

 

Froito deste dialogo, diversas ogranizacións como Véspera de Nada, SOS Caurel o Salva o tren participaron xunto con Esquerda Unida e outras persoas a nivel individual no devandito encontro na procura de atopar o entendemento necesario de cara a artellar unha rede sinérxica que permita multiplicar os efectos das accións desenvolvidas por cada organización de cara a superar a crise medioambiental.

 

Neste encontro participaron como relatores: José Luís Ordóñez, responsable da Área Federal de Medio Ambiente de Izquierda Unida, Juanjo Guirado, arquitecto expecializado na problemática medioambiental, Manuel Casal, voceiro da organización “Véspera de nada”, Ángel Culebras, catedrático de Química expecializado en cambio climático e César Santiso membro da Executiva Nacional de Esquerda Unida.

 

Durante o acto, púxose en evidencia a insostibilidade ambiental do actual sistema económico e a necesidade de cambios radicais no actual modelo de produción, distribución e consumo. Dada a amplitude de temas a tratar, e a imposibilidade de desenvolverlos todos nun só encontro, os participantes quedaron emprazados a realizar máis actos nos que se poidan tratar temas en concreto.

 

Dende a Secretaría de Medio Ambiente de EU, queremos agradecer a todos os relatores e participantes no acto a calidade das exposicións e do debate e animámolos a seguir participando neste prometedor proceso ao que esperamos sumar cada vez máis xente.

Relacionados