Iº mercado tradicional de Canido

Desde o grupo municipal de Esquerda Unida, ao mesmo tempo que queremos dar os parabéns á directiva da Asociación Veciñal de Canido e a toda a veciñanza do barrio pola iniciativa do Iº Mercado Tradicional, queremos criticar a actitude do goberno municipal do Partido Popular que consideramos impropia de representates eleitos democraticamente.

Durante  o sábado celebrouse no barrio de Canido unha exemplar xornada de exposición e venda de productos locais que non fan máis que favorecer tanto ao sector agropecuario local , aos artesáns da comarca así como ao consumidor e ao barrio que organiza e acolle. Hai que ser moi cegos para non entender que o acontecido é, mesmo na súa modestia, un elemento que fai avanzar unha inmensa tarefa tal e como está hoxe a cidade: a recuperación a todos os efectos, e polo tanto tamén aos efectos tanto mercantís como de lecer e paseo, da cidade consolidada e os seus barrios. Tanto Boial e tanto centro comercial non deixan ver nada. Certamente o goberno municipal está cego.

Para comezar , cego de soberbia. Recentemente a xunta directiva da Asociación veciñal visitou ao concelleiro Langtry, de Facenda e Patrimonio( o que xestiona as terrazas) e que tamén o é de Promoción económica (o que xestiona o Urban en canto programa). O concelleiro Langtry prometeu liberar aparcadoiros e facilitar o traballo dos artesáns e demais personal do Mercado. Nada diso aconteceu: todos e todas como asistentes puidemos comprobar como os autos ocupaban os espazos para os postos e como os aparcadoiros eran manifestamente insuficientes. Todos e todas os concelleiros e concelleiras do goberno municipal deberían tomar nota: hai máis “plan de barrio” no saber facer que está detrás da organización do mercado tradicional que todas as ideas xuntas que aniñan nos miolos do goberno do PP.

Relacionados