O pasado martes 5 de abril tivo lugar no Centro Cívico da rúa Colón de Ourense o cuarto encontro do foro feminista “Falando Nós” ao que asistiron 28 persoas.
A voceira do foro, Carmen Iglesias presentou balance das accións acordadas na última asemblea para tratar de regular a obxección de conciencia do persoal sanitario perante o dereito ao aborto:
– Adhesión á “Plataforma en Defensa da Sanidade Pública”. E participación na manifestación do día 7 con franxa propia.
– Prestación do foro e a acción do tema que nos ocupa nunha proxección do Cine Clube de temática feminista.
– Elaboración dun panfleto que xa se está a repartir.
– Documento elaborado pola avogada Victoria Dieguez para seren presentado en diversas entidades : Concellos , Xunta , Sanidade…
– Charla-coloquio impartida polo Dr. Doval no Ateneo de Ourense o 28 de abril.
Péchase o encontro ás 9:30 h. despois dun entusiasta debate e co acordo de volver reunírmonos o 31 de maio