XI Asemblea Nacional

Ao longo da xornada de traballo que se desenvolveu neste sabado 9 de febreiro, o Consello Político Nacional conformou as liñas mestras polas cales transitará a tarefa das comisións que elaborarán os documentos que se someterán a discusión e debate nas asembleas de base. Do mesmo xeito, aprobáronse as normas que regularán o proceso até a celebración da Asemblea Nacional.

A XI Asemblea Nacional terá lugar no momento en que a quebra dos ténues mecanismos do estado de “medioestar” está na súa fase máis acelerada, onde aos recortes orzamentarios, ao rescate da banca, ao incesante incremento do paro temos que engadirlle todos os procesos de corrupción.

Neste contexto é máis importante que nunca a definición do traballo a realizar para conformar as ferramentas políticas e sociais que permitan asentar EU como alternativa.

“É un momento de debate necesario onde a militancia ten que marcar a liña da política que debemos de seguir ante as políticas de abuso de poder que a dereita nos está a impoñer” manifesta a coordinadora nacional de Esquerda Unida, Yolanda Díaz.

 

Relacionados