Lago imparte en Cambre o coloquio que leva por título: “O que non nos contan sobre a economía”

Esquerda Unida Cambre e Oleiros organiza o martes 10 de xaneiro, a partir das 20 horas, no local de Esquerda Unida en Cambre (Rúa Constitución nº3-baixo), a charla que leva por título “O que non nos contan sobre a economía”.

Manuel Lago, deputado por En Marea, economista especializado no mercado de Traballo, profesor de universidade e colaborador de diferentes medios será o encargado de impartir o coloquio e abrir, mediante esta conferencia, unhas xornadas de formación que a organización levará a cabo no municipio.

Manuel Lago fala sobre “O que non nos contan sobre a economía” en Cambre 

Hora: 20 horas.

Data: Martes, 10 de xaneiro.

Lugar: Local de Esquerda Unida

(Rúa Constitución 3 Baixo, 15679 O Temple-Cambre).

Relacionados