Loita contra o analfabetismo

 

Xa que logo, Esquerda Unida denuncia que en pleno século XXI o 2% da poboación galega é analfabeta, motivo polo cal esixe á Xunta de Galicia un compromiso real para erradicar o analfabetismo que existente na Galiza. 

 

Os datos, asemade, amosan a desigualdade existente entre as mulleres e os homes galegos, pois por cada home analfabeto existen tres mulleres que non saben ler ni escribir.

 

Ante estes datos Esquerda Unida esixe, en primeiro lugar, que a Xunta de Galicia considere prioritario rematar con esta lacra, que oculta tras de si situacións de marxinalidade, elaborando o antes posible un estudo no que se concrete coa maior precisión posible a situación real do analfabetismo real e funcional existente no noso país.

 

A Executiva Nacional de Esquerda Unida considera necesario, unha vez coñecida a realidade galega, a elaboración dun Plan Estratéxico Galego (PEG) para acabar co analfabetismo, que non deixe en man de cada Concello a loita contra esta lacra, senón que sexa unha actuación global que se marque o obxetivo da erradicación desta lacra, contando para elo cos medios necesarios para logralo.

 

Dende EU sabemos que este obxetivo é totalmente realizable, como demostran diferentes actuacións que se están a levar a cabo, como é o programa de alfabetización cubano “yo si puedo” que se está a realizar en Sevilla, cuns resultados excelentes e que axudan a mostrar a realidade que aínda hoxe existe.

Relacionados