Máis libros e menos propaganda

Resulta destacable sinalar que a pesar de que neste período o número de usuarios estábase a incrementar considerablemente, con preto de 500.000 persoas máis inscritas nas redes de bibliotecas en Galicia, as políticas do Partido Popular pecharon 49 delas, a maior cantidade en todo o estado español. Semella que o gasto en libros en no mantemento de bibliotecas deixou de teren relevancia para o Partido Popular, que busca que sexamos máis manipulables e ignorantes.

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes denuncia que o goberno local reduce a súa achega a fondos para as bibliotecas, mentres malgasta cartos en darse autobombo. O financiamento das Bibliotecas no estado resulta compartido a través da seguinte distribución: un 26,67% correspóndelle á Xunta, un 5,54% ás deputacións e un 67,88 % aos concellos; esta distribución da unha resposta aos “porque” desta diminución, dado que o Partido Popular, que goberna nas tres institucións, é directamente responsable desta situación, sen que existan subterfuxios por onde busque derivar tal responsabilidade.

Esquerda Unida insta ao goberno municipal a que invista en cultura e en investigación todo o que destina a propaganda. Porque outra cousa non será, pero a publicidade á que constantemente nos ten sometidos o PP é algo fóra do normal,  publicita a bombo e prato para dar a sensación de que se fai, cando a realidade é que a actividade municipal raia mínimos históricos debido a parálise dun goberno ensemismado en si mesmo que se atopa afastado da realidade e da veciñanza. Esta publicidade ten unha finalidade puramente electoralista, tentando contrarrestar os efectos da corrupción, na que está asumido o PP e concretamente o executivo Negreira, e as políticas curtopracistas que seguen os ditados dos mercados e dos poderosos. De aí o elevado gasto en publicitar aos catro ventos todo o que fai, gasto que estaría mellor destinado a incrementar os usuarios de bibliotecas, con maiores fondos e cunha difusión da lectura para así construír unha cidadanía máis culta e consciente da realidade nos rodea.

 

O voceiro de EU-V, César Santiso, lamentou que “para o Sr. Negreira, –lo que de verdad importa- é o pan e o circo, actividades que nada teñen que ver coa cultura ou cos libros. Segue as instrucións do populismo máis acérrimo: procura un pobo ignorante que é engalanado co “Pan e Circo”, a través da precarización das súas condicións de vida, a caridade e o espectáculo máis chabacano.

Relacionados