Manifestación 29 de abril

 

O consello comarcal de Esquerda Unida participará con faixa propia na manifestación en contra dos recortes en ensino e sanidade do vindeiro 29 de abril que sairá da praza da palloza as 12:00 h. Apoiamos e animamos a todas as persoas a que expresen o seu descontento ante os ataques que padecen a educación e a sanidade públicas.

 

O coordinador comarcal de EU, César Santiso, indicou que “temos que mobilizarnos na defensa dos nosos dereitos que o PP actuando ao ditado dos mercados preténdenos arrebatar logo de anos de loitas, esforzos e sufrimentos. Estes recortes no son necesarios son de corte ideolóxico. Así o goberno conservador pretende transmitir á cidadanía que non hai alternativa e que para saír da crise temos que aceptar recortes e perder dereitos como mal menor, cando a realidade está a demostrar que da crise so podemos saír estimulando a economía, xusto o contrario que se consigue con este tipo de políticas neoliberais.

Relacionados