Manifestación defensa sanidade pública

EU rexeita con rotundidade a redución orzamentaria que está a experimentar a sanidade pública galega e a decisión da Consellería de Sanidade de permitir a entrada de capital privado no financiamento e xestión das infraestruturas sanitarias. A devandita estratexia privatizadora está a provocar unha grande perda de calidade do servizo que a cidadanía xa está comezando a padecer.

Esquerda Unida manifesta unha vez máis a súa radical defensa dos servizos públicos de calidade, como o é a sanidade, e crítica a actitude depredadora do Goberno do PP que, aliado co capital, lonxe de garantir o correcto funcionamento do sistema sanitario público galego, está a deterioralo coa intención de facelo inviábel e así facilitar a súa privatización. A Xunta do PP considera a sanidade como unha grande oportunidade para o capital privado, o seu gran aliado, e por iso crea artificialmente situacións de desprestixio para facilitar a privatización da sanidade.

EU, que prosegue na súa loita por unha sanidade pública, universal e gratuíta, e se adhire ao manifesto da plataforma SOS Sanidade Pública.

Esquerda unida chama á cidadanía a participares masivamente na manifestación convocada pola plataforma SOS sanidade pública para rexeitar enerxicamente as políticas privatizadoras da Xunta do PP.

O DOMINGO 21 TODOS E TODAS A COMPOSTELA PARA DEFENDER O NOSO DEREITO A DISPOR DUNHA SANIDADE PÚBLICA DE CALIDADE!!

Relacionados